Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A galardoada “Aquel no era yo” abre o IX festival Redondela En curto

RR_Noticias

O festival celebra dende o xoves 25 ao domingo 28 de abril a edición máis participativa, cun total de 603 traballos recibidos, dos que foron seleccionados 16 curtametraxes que se proxectarán en diferentes pases no Multiusos da Xunqueira. O programa descarta as actividades de rúa logo de non lograr un adianto económico por parte do Concello e mantén as seccións “Máis minutos” coa película Piedad e a “friki” sección alternativa na sala Disco tasca.

O festival arranca este xoves ás 21:00 horas coa proxección do primeiro bloque entre os que se atopa a curta “Aquel no era yo” de Esteban Crespo, traballo que recibiu este ano o Goya na categoría de mellor curtametraxe de ficción. A esta película seguiranlle os títulos Anacos de Xacio Baño, Loco con ballesta de Kepa Sojo e Quiero de Bernat Gual, e así ata 16 curtametraxes que optan este ano ao premio do xurado dotado con mil euros e ao premio do público de 500 euros. A intención do director do certame Fernando Carreira “Cuchi” era ampliar este ano as actividades á rúa con actuacións que animaran o exterior do Multiusos nos días do festival e serviran tamén para atraer a un número maior de espectadores. Un proxecto que quedou ao final sen se concretar debido a problemas económicos, ao non chegarse a un acordo que permitise á organización contar por adiantado con parte dos cartos que vai achegar o Concello. Si se manteñen seccións xa habituais como o espazo Máis Minutos, que proxectará a película “Piedad” de Otto Roca, unha “cinta dura” onde se abordan temas como o alzheimer e o desarraigo. Haberá tamén sección golfa coa proxección fora de concurso e na sala Discotasca de varias das curtas recibidas que teñen unha característica común: a temática zombi. Entrada solidariaMantense o prezo de edición anteriores, con 3 euros por sesión unha parte dos cales serán doados ao Racing Club de Chapela, o club de discapacitados intelectuais que está a reunir cartos para que dous dos seus membros poidan competir nos campionatos de Europa. Tamén este ano contan coa colaboración no Festival da Asociación Andaina.  

Fernando Carreira Cuchi director Redondela en Curto
Un festival que inclúe curtas xa premiadas noutros certames
Situación económica
A falta dun adianto de cartos impide a organización de actividades de rúa
Máis minutos
Piedad é o título que se vai proxectar nesta edición
Entradas solidarias
Unha parte do recadado írá a parar ao Racing de Chapela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará