Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cámaras artesanais na inauguración da mostra de fotografía estenopeica no Multiusos

RR_Noticias

A exposición Estenephoto, que se poderá visitar ata o vindeiro 10 de maio, inaugúrase oficialmente este venres ás 20:00 horas cun acto aberto no que os membros do colectivo Arte_k3, organizadores da actividade, amosarán cámaras artesanais realizadas a partir dunha lata ou dunha caixa. Artefactos que malia a súa sinxeleza permiten imprimir imaxes sen necesidade de botar man das modernas cámaras dixitais.

A exposición colectiva recolle obras de Iria Rodríguez, Sara Priego, Sofía Cernadas, Kike Martínez, Marcos Faría e Toni Vacas membros todos eles de Arte_k3 que con esta mostra recuperan unha das primeiras técnicas utilizadas no ámbito da fotografía  e que permite obter imaxes e negativos sen practicamente nada de equipo. Esta exposición é o produto dun ano de traballo dalgúns compañeiros que integran o colectivo Arte_k3. A súa inquietude pola fotografía estenopeica tivo orixe en diversas actividades que organizou este movemento durante o ano 2012, e que hoxe comparten neste espazo.  

Toni Vacas Arte_k3
Cámaras rudimentarias para facer fotos estenopeicas
Foto estenopeica
Vacas explica en que consiste esta técnica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará