Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Políticos e afectados estudan na Subdelegación do goberno a ampliación da AP-9

RR_Noticias

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello e o xefe de Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Ángel González del Río reuniranse ás 12:00 horas de hoxe con representantes da corporación local e a asociación de afectados para analizar polo miúdo o proxecto de ampliación da AP-9, un proxecto rexeitado no noso concello tamén pola Asociación de Empresarios, cuxo presidente asistirá a esta xuntanza.

Entre os membros da Asociación de afectados de Chapela que acudirán a esta reunión atópase Rafael Baltasar que insiste en que a día de hoxe o proxecto de ampliación afectaría á totalidade do trazado da AP-9 dende o Morrazo a Vigo, malia que o PP teña aprobado no Parlamento galego solicitar que dita ampliación afecte só á Ponte “para minimizar os seus prexuizos na parroquia redondelá”.
Unha proposta que non convence aos afectados que rexeitan a ampliación na totalidade do trazado “por ser un malgasto de cartos e porque non solucionaría os problemas de tráfico”. Ademais os veciños de Chapela son conscientes de que ampliar Rande abre a porta a que no futuro se faga o terceiro carril por Chapela.
No mesmo sentido se veñen de manifestar os enxeñeiros galegos que alertan de que ampliar so a ponte de Rande sen facelo en Chapela lonxe de mellorar a circulación entorpecería o tráfico e provocaría un efecto similar ao dun funil na entrada a Vigo.
A solución para os enxeñeiro en último caso sería construír ese terceiro carril en todo o trazado, mentres que dende Chapela insisten en que non se debería facer ningunha ampliación.
Con todo, os enxeñeiros tamén abogan por dar prioridade a un tren de proximidade en lugar de ampliar Rande como xeito de facilitar as comunicacións, rentabilizando así as infraeestruturas xa existentes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará