Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornada de “traballos colaborativos” no Viso

RR_Noticias

A Asociación Cultural Santa María do Viso fai un chamamento aos veciños para que colaboren este domingo nunha xornada de traballos cooperativos na Sociedade de agricultores. Os traballos para os que se precisan mans son o vernizado da porta principal, a limpeza, poda e amaño do xardín, arranxo das luces exteriores de local social e a limpeza dos caño da auga do tellado. A cita será o domingo día 24 a partir das 9:30horas e durante toda a mañá.

Non se desbota a realización doutros traballos, todo dependerá do número de colaboradores e da destreza dos mesmos. Dende a Asociación Cultural lembran que “cada vez é máis importante colaborar e dar un pouco de cada un para que a suma desinteresada de achegas dea lugar a resultados beneficiosos para o ben común”. Por iso, e porque o mantemento do seu local social fai necesario que de xeito periódico teñan que facer traballos colectivos de mantemento por parte dos seus usuarios, o domingo convocan esa xornada colaborativa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará