Hoxe é Mércores 6 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis do 20% dos nenos viaxan en coche de xeito incorrecto

RR_Noticias

Unha campaña de control sobre o uso do cinco de seguridade e os sistemas de retención infantil desenvolvida durante a última semana en Redondela por axentes da Dirección Xeral de Tráfico e a Policía Local constata que dous de cada dez nenos non usas ningún dos sistemas de retención homologados. Ademais un 11% dos condutores viaxaban sen o cinto de seguridade.

Durante a semana na que se desenvolveu esta campaña se controlaron un total de 254 vehículos co obxectivo de sensibilizar sobre a obrigatoriedade das medidas de seguridade e dos sistemas de retención homologados. Concretamente comprobouse o uso do cinto de seguridade por parte tanto de  condutores como de pasaxeiros e en todos os asentos do vehículo así como o uso dos dispositivos de seguridades para nenos: tanto as cadeiras como os elevadores adaptadores.
E os datos non son moi satisfactorios, xa que o 11% dos condutores non levaban posto o cinto de seguridade, en total, 29 persoas que se enfrontan a unha sanción económica de 200 euros e a retirada de 3 puntos do carné de conducir.
Máis alarmante son os datos en canto ao xeito de viaxar dos pequenos, xa que dos 152 coches nos que viaxaban nenos, 31 facíao de xeito incorrecto, xa que non levaba ningún sistema de retención infantil, malia que o usos destes sistemas segundo os expertos “poden evitar tres de cada catro mortes e nove de cada dez lesións graves en caso de accidente”. Ademais, o condutor enfrontase a unha multa de 200 euros cando os nenos viaxan de xeito incorrecto nos vehículos.
A campaña de control realizouse principalmente nas inmediacións dos colexios, na zona escolar de Santa Mariña, aínda que os controis tamén se efectuaron a vehículos que circulaban polo centro urbano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará