Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para participar no campamento infantil de Semana Santa

RR_Noticias

A Concellería de Igualdade oferta 60 prazas orientadas a nenos e nenas de idades comprendidas entre o 4 e os 14 anos que poderán participar deste campamento que se vai desenvolver en Redondela os días 25, 26 e 27 de marzo e o 1 de abril. O prezo é de 22 euros. O prazo de solicitude de prazas remata este mércores día 20

O obxectivo da Concellería é facilitar con este tipo de actividades a conciliación da vida laboral e familiar achegando aos pais e nais a posibilidade de que os seus cativos estean atendidos nos días laborables pero non lectivos, nos que os nenos non teñen colexio pero non poden ser atendidos polos seus proxenitores.
As actividades, orientadas a rapaces entre 4 e 14 anos, desenvolveranse en horario de 9:30 a 13:30 no Pazo de Pousadouro en Reboreda os días 25, 26 e 27 de marzo e 1 de abril.
A taxa que deberá pagar cada participante ascende a 22 euros, que será abonada no
momento de confirmación de praza. Para participar é preciso presentar unha ficha de inscrición -que se pode descargar da páxina web do Concello- no Rexistro como data límite este mesmo mércores.
As listaxes das persoas admitidas serán publicadas na páxina web e nas oficinas
do Centro de Información ás Mulleres (CIM) de Redondela e Chapela o xoves 21, a
partires das 12 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará