Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campaña de control do uso do cinto e os sistemas de retención infantil

RR_Noticias

A Dirección Xeral de Tráfico en colaboración coa Policía Local están a desenvolver dende o pasado día 11 e ata o domingo 17 unha campaña de control sobre o uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil, dispositivos fundamentais xa que reducen á metade o risco de morte en caso de accidente, no primeiro caso, e evitaría nove de cada dez lesións infantís, graves ou mortais, no segundo.

Axentes da Garda Civil de tráfico en colaboración cos policías locais de Redondela intensificaron durante esta semana os controis destes sistemas co obxectivo de que condutores e pasaxeiros os empreguen sempre e en todos os asentos, igual que os dispositivos de seguridades para nenos: tanto as cadeiras como os elevadores adaptadores. Unha campaña que segundo explican dende a DXT ten como obxectivo sensibilizar sobre a obrigatoriedade desta medidas de seguridade e os sistemas de retención homologados.
A campaña de control está a realizarse principalmente nas inmediacións dos colexios, na zona escolar de Santa Mariña, aínda que os controis tamén están a afectar a vehículos que discorren polo centro urbano.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará