Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía identifica e desaloxa do pleno aos afectados polas preferentes

RR_Noticias

O PP celebrou o pleno en solitario logo de que os representantes da oposición – PSOE, BNG e AER- abandonaran a sesión por solidariedade cos aforradores. A sesión estaba convocada para as oito da mañá de hoxe co obxectivo de sortear as protestas, pero os afectados polas preferentes acudiron igualmente e impediron que se celebrase o pleno ata que foron desaloxados pola policía.

A sesión prevista para a mañá de hoxe celebrouse malia a ausencia da oposición. PSOE, BNG e AER decidiron non asistir ao pleno logo de que os aforradores foran desaloxados do Concello, polo que a sesión contou tan só cos representantes do PP. Dez concelleiros cuxa presencia foi suficiente para aprobar tres dos catro puntos previstos entre so que se atopaban o recoñecemento extraxudicial de crédito e a renuncia á concesión dun quiosco na Xunqueira, temas de trámite e pouco calado político pero que dende o goberno local entenden importantes para os veciños aos que lles afecta. Quedou sobre a mesa a aprobación das actas de sesións anteriores. Un pleno que se resolveu en menos de cinco minutos, logo da tensión previa que supuxo a identificación e desaloxo dos veciños por parte dos axentes da policía local. De xeito excepcional o pleno estaba convocado para as oito da mañá co obxectivo de sortear as protestas dos afectados polas preferentes. Con todo, xa antes da hora de inicio uns vinte aforradores esperaban ás portas do Concello para entrar no salón de plenos. E como acontecera nas dúas convocatorias anteriores, o 28 de febreiro e o 7 de marzo, logo do minuto de silencio que a corporación garda en todos os pleno en lembranza das vítimas da violencia de xénero, comezaron os berros e os pitos. O alcalde, Javier Bas anunciaba que logo de dez minutos se procedería a desaloxar aos veciños. A continuación os axentes procedían a identificar ao público asistente, e logo de anotar os seus nomes e direccións eran desaloxados de xeito pacífico. Tan só unha das  presentes amosou relativa resistencia a deixar o concello mentres explicaba que estaba alí “defendendo os dereitos do meu pai de 81 anos de idade e que ten unha minusvalía física e psíquica do 96%”. Os representantes da oposición decidían tamén abandonar o concello “en solidariedade cos aforradores” e ante unha actuación da policía que criticaban por entender innecesaria. Minutos despois celebrábase a sesión pero neste caso coa presencia tan só dos edís do goberno.  

Inicio do pleno
A sesión arrancaba con pitos e berros
Momentos de tensión
A policía identificaba e desaloxaba aos veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará