Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición critica a decisión do goberno local de desaloxar o pleno

RR_Noticias

Esixe aos populares que busque alternativas que garantan a celebración das sesións sen necesidade de recorrer ao desaloxo e identificación dos veciños. Dende a Plataforma de Afectados pola Preferentes denuncian que o acontecido na mañá de hoxe no Concello “busca amedrentar aos que protestan”.

Os grupos da oposición censuran a decisión do goberno local de identificar e desaloxar aos veciños que pretendían boicotear o pleno convocado para as oito da mañá. A sesión, que foi suspendida nun primeiro momento ata que os veciños foron expulsados do salón de plenos, celebrouse finalmente coa ausencia de PSOE, BNG e AER. Os edís da oposición decidiron ausentarse por solidariedade cos aforradores e manifestaban o seu apoio “a quen lles roubaron os cartos” en palabras do socialista Eduardo Reguera, quen cualificaba o acontecido de “barbaridade” do mesmo xeito que o representante da Agrupación de electores, Jorge Varela “Chopi. Pola súa banda, Cecilia Pérez Orge dende o Bloque criticaba tamén o xeito de actuar do goberno local por mandar desaloxar aos veciños como se “foran verdadeiros delincuentes cando non o son”. Os grupos da oposición esixen ao goberno que busque alternativas para evitar que futuro se repitan feitos como os acontecidos na mañá de hoxe. Un desaloxo que indignou aos afectados. Dende a Plataforma entenden que este tipo de actuacións con identificación incluída “o que busca é amedrentar aos que protestan”. A sesión celebrouse con tan só cos representantes do PP. Dez concelleiros cuxa presencia foi suficiente para aprobar tres dos catro puntos previstos entre os que se atopaban o recoñecemento extraxudicial de crédito e a renuncia á concesión dun quiosco na Xunqueira, temas de trámite e pouco calado político pero que dende o goberno local entenden importantes para os veciños aos que lles afecta. Quedou sobre a mesa a aprobación das actas de sesións anteriores. Un pleno que se resolveu en menos de cinco minutos, logo da tensión previa que supuxo a identificación e desaloxo dos veciños por parte dos axentes da policía local.  

Eduardo Reguera PSOE
Cualifica o acontecido de barbaridade
Cecilia Pérez Orge BNG
Os nacionalistas critican que se tratase aos aforradores como delincuentes
Jorge Varela Chopi AER
A Agrupación de Electores tamén se sumou ao boicot
Buscar alternativas
BNG e PSOE instan ao goberno a buscar alternativas
Cristina Couñago Afectada polas Preferentes
Os afectados denuncian o xeito de actuar do goberno local

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará