Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica o estado de abandono do Camiño da Grila e insta ao goberno local a limpar a zona

RR_Noticias

Os socialistas recollen así unha petición dos veciños de Chapela, concretamente os que residen na zona de Arealonga, quen critican o mal estado dun vial peonil moi empregado polos residentes que queren acceder a praia. Trátase do Camiño da Grila, unha zona que conta con escaleiras e inclinacións e que a día de hoxe se atopa cheo de maleza en nun estado de falta de conservación que, segundo o PSOE  “o converte nun perigo para os viandantes”.

Aseguran que tanto o chan como as varandas están cheas de musgo, que nesta época do ano fai que a superficie sexa moi esvaradía. O PSOE súmase a estas criticas sobre “o estado de abandono do Camiño da Grila” e insta ao goberno local a proceder a súa limpeza e arranxo para facelo seguro para tódolos usuarios.
Conferencias Políticas
Por outra banda, o PSOE  presenta esta tarde na Casa da Cultura os debates sobre a chamada Conferencia Política. Esta Conferencia “está concibida como un proceso de debate, diálogo e participación; un proceso de reflexión e actualización do proxecto político do partido que terá lugar durante os próximos meses, e que concluirá en outono deste ano”. Os socialistas presentarán hoxe estes debates nun acto que terá lugar no primeiro andar da Casa da Cultura ás 20:00 horas, cita na que se fixarán as datas para os seguintes encontros.
O obxectivo destes encontros vai ser tratalo futuro do partido nunha serie de diálogos ata o mes de xullo, coa intención de facer unha especie de asambleas nos que todos participen. Por ese motivo, as reunións poden asistir todos aqueles que están interesados no presente e no futuro do PSOE, xa sexan afiliados, cidadáns non afiliados ou colectivos sociais. Os temas a tratar neta primeira convocatoria serán: Europa, Crecemento (modelo produtivo e emprego),  Fiscalidade, Profundización democrática e as reformas institucionais e o estado social e de benestar
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará