Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela imponse en catro das sete categorías disputadas na V Bandeira do Porvir

RR_Noticias

O Club Remo Chapela arrasou na proba de bateis que se disputou o sábado fronte ao Paseo de Cardona. Na casa e diante do seu público gañaron sumou 27 puntos proclamándose campión absoluto deixando a Mecos na segunda posición con 17 e Tirán, terceiro, con 12 e levándose para as súas vitrinas un ano máis a “Bandeira do Porvir”. No Memorial Paco Fenosa disutado o sábado Chapela foi segunda por detrás de Tirán.

Inmellorable actuación do club redondelán xa nas primeiras categorías conquistando a vitoria nas promesas femininas seguidas de Náutico de Vigo e Virxe da Guía; e en xuvenís, onde tamén se alzaron co primeiro posto seguidas de Robaleira e Coruxo. Na categoría absoluta feminina Samertolaméu volveu confirmar a súa gran superioridade gañando por diante de Tirán e Chapela. Nas categorías masculinas Chapela sumou dúas importantes vitorias en xuvenís, proba na que foi total dominador, e o mesmo na categoría absoluta, onde a retirada de Samertolaméu os beneficiou.
Na categoría infantil foi a tripulación de Mecos a vencedora sumando o seu terceiro triunfo consecutivo nesta tempada, seguíndolle Chapela a 41 centésimas e Robaleira. E en cadetes foi Tirán quen se anotou unha apertada vitoria con Mecos a 28 centésimas e Robaleira a un barco. Tirán, segundo nas dúas regatas celebradas, por fin alcanzou esta vez unha merecida vitoria.
Resultados: Promesa feminino: 1.- Chapela, 5.07:62; 2.- Náutico Vigo, 5.11:38; 3.- Virxe Guía, 5.22:64.- Xuvenil feminino: 1.- Chapela, 10.51:72; 2.- Robaleira, 10.59:69; 3.- Coruxo, 11.11:56.- Absoluta feminina: 1.- Samertolaméu, 9.52:60; 2.- Tirán, 10.05:51; 3.- Chapela, 10.06:54.- Infantil masculino: 1.- Mecos, 4.55:43; 2.- Chapela, 4.55:84; 3.- Robaleira, 4.56:60.- Cadete masculino: 1.- Tirán, 6.55:06; 2.- Mecos, 6.56:34; 3.- Robaleira, 6.58:81.- Xuvenil masculino: 1.- Chapela, 9.22:44; 2.- Mecos, 9.33:41; 3.- Tirán, 9.34:75.- Absoluto masculino: 1.- Chapela, 8.50:47; 2.- Moaña, 9.00:50; 3.- Vilaxoán, 9.02:97.
VII Memorial Paco Fenosa
O domingo no mesmo escenario celebrouse o “Memorial Paco Fenosa”, no que a embarcación de Chapela ocupou a segunda praza, por detrás de Tirán, que se proclamou vencedor da cita que serve de recordo e homenaxe ao desaparecido presidente do club, Francisco Alonso Loureiro. Foi a primeira regata oficial de traiñeiras e reuniu a un total de vinte tripulacións, que ofreceron un bonito espectáculo deportivo sobre un mar plácido e nunha mañá asollada. A proba contou coa participación dun equipo feminino do C.R. Chapela e un de veteranos da S.D. Tirán, que saíron en primeiro lugar e a continuación os restantes 18 equipos que desde a virada xa deixaron albiscar as súas posibilidades. Tirán foi o máis rápido no primeiro longo, fixando 8’43”, seguidos de Chapela (8.44), Samertolaméu (8.45), Mugardos (8.53) e Amegrove (8.56), únicos que baixaron dos nove minutos.
Clasificación: 1.Tirán, 16.35:81; 2. Chapela, 16.42:28; 3. Samertolaméu A, 16.42:46; 4. Amegrove, 16.59:32; 5. Mugardos, 17.06:36; 6. Vilaxoán, 17.23:55; 7. Tirán B, 17.27:88; 8. Chapela B, 17.30:05; 9. Cabo Cruz, 17.37:43; 10. Mecos, 17.41:96; 11. Perillo, 18.02:06; 12. Ares, 18.06:45; 13. Samertolaméu B, 18.09:99; 14. Rianxo, 18.20:78; 15. Morrazo, 18.24:64; 16. Cesantes, 18.34:10; 17. Tirán (Veteranos), 18.44:64; 18. Mecos B, 18.50:46; 19. Narón, 19.12:64; 20. Chapela (Feminino), 21.44:15.-
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará