Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello reparte 9.000 euros en premios para as comparsas no Entroido 2013

RR_Noticias

Os grupos que queiran participar deben inscribirse no rexistro municipal antes do 8 de febreiro, aínda se establece un máximo de 15 participantes que se establecerá “por rigoroso orde de solicitude”. Haberá tres categorías de comparsas, de entre 25 e 55 compoñentes, de 56 a 80 membros, e outra para os de máis de 80 compoñentes.

 
 
O próximo 9 de febreiro arranca o Entroido, con actividades en Redondela ata o mércores día 13. As comparsas que participen recibirán como subvención 300, 400 ou 500 euros, en función do número de participantes. Ademais establécense tres premios para as mellores con 900, 600 e 300 euros para o 1º, 2º e 3º premio respectivamente. O xurado poderá tamén conceder un premio de 800 euros como máximo a aquela comparsa que polas súas características destaque na exaltación da festa do Entroido. Para poder optar ós premios é imprescindible que as comparsas participen nos actos programados para o domingo, 10 de febreiro, e que comezará coa concentración das comparsas ás 17.00 horas no Campo da Feira. As bases municipais tamén establecen dous premios para os grupos formados por entre 10 e 25 persoas, con 200 e 150 euros para o 1º e o 2º premio. No caso das parellas outorgarase un 1º premio de 100 euros e un 2º de 80 euros. No caso dos disfraces individuais o gañador levará 80 euros, e o 2º premio será de 50 euros. Os concurso de grupos, parellas e individual desenvolverase na tarde do Martes de Entroido, 12 de febreiro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará