Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A piscina de Chapela abrirá na primavera

RR_Noticias

O concelleiro de Urbanismo, Arturo González, explica que no prazo dun mes estarán rematadas as obras de acometida de luz e auga. Nese mesmo prazo está previsto que o Concello adxudique a xestión das instalación a unha das dúas empresas que optaron ó concurso, Aqualia e Serviocio.

Actualmente están en marcha as obras de instalación do abastecemento de auga e electricidade do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, uns traballos necesarios para a posta en funcionamento das instalacións. A actuación, que ronda os 104.000 euros, foi asumida polo Concello ao non estar prevista no proxecto elaborado polo anterior goberno bipartito. Unha situación que o actual edil de Urbanismo considera “inexplicable” e que atribúe “á mala xestión” do anterior executivo local. O prazo para que as obras estean rematadas é dun mes, o mesmo tempo que segundo González Barbeiro vai tardar o Concello en adxudicar a piscina. As empresas Aqualia e Serviocio son as que optan á xestión das instalacións logo de abrirse un terceiro concurso público (os dous primeiros quedaron desertos). No prazo dun mes valoraranse as propostas e seleccionarase á adxudicataria para proceder a asinar o contrato. Unha vez realizado este trámite a empresa elixida contará co prazo dun mes para abrir as instalacións ó público, polo que os veciños poderían comezar a utilizar a piscina a finais de marzo ou principios de abril.  

Arturo González concelleiro de Urbanismo
As obras de acometida de auga e luz rematarán nun mes.
Apertura na primavera
Logo da adxudicación a empresa ten un mes para abrir a piscina ó público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará