Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida pide a creación dun Punto Limpo Fixo para dar servizo ós veciños de Redondela

RR_Noticias

O grupo local entende que deste xeito se potenciará a recepción e a selección de residuos, especialmente os voluminosos e especiais, coa finalidade de separalos e poñelos en valor. Tamén esixen ó goberno local que faga cumprir á empresa concesionaria Urbaser o seu contrato e volva poñer en funcionamento o Punto Limpo Móbil.

Esquerda Unida levará ó pleno do Concello a xestión dos residuos sólidos urbanos a través dunha moción na que piden que Urbaser que instale colectores específicos para aceite vexetal, fluorescentes, medicamentos caducados, pilas e baterías, etc, que conten con capacidade suficiente para almacenar todos os residuos procedentes de particulares ou empresas que non son recollidos polos servizos de recollida municipal. Tamén esixen a creación dun Punto Limpo Fixo onde os cidadáns poidan recibir información e participar activamente dunha xestión dos residuos máis ecolóxica e eficaz. Lembran que en Galicia se acumula en vertedoiros un 70 % do lixo “enterrando valiosos recursos, perdendo diñeiro e afectando negativamente a saúde e o ambiente”. Tendo en conta que outro 10 % se incinera, tan só se aproveita un 20 % dos residuos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará