Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alcaldes de Redondela, Pazos e Soutomaior apoian á Plataforma de Afectados polas Preferentes

RR_Noticias

Os tres rexedores acompañarán ós afectados por Preferentes e Subordinadas a unha manifestación convocada para mañá venres, de 10.30 a 12.30 horas diante da Deputación de Pontevedra. Os veciños reuníronse cos mandatarios locais durante o peche que protagonizaron esta mañá no Concello de Redondela.

Como xa fixeran o pasado martes, membros a Plataforma de Afectados da comarca concentrouse está mañá no salón de plenos do Concello de Redondela, de 10.00 a 12.00 horas. Nesta ocasión foron máis de 80 os veciños que participaron na protesta para esixir a devolución dos seus aforros e solicitar ó alcalde redondelán, Javier Bas, e ós rexedores de Pazos e Soutomaior, Andrés Iglesias e Agustín Reguera, que “presionen” ós gobernos autonómico e central para que resolvan “as máis de 30.000 solicitudes de arbitraxe” que están pendentes. Os tres mandatarios trasladaron os afectados o seu apoio e comprometéronse a participar con eles nunha manifestación que mañá se celebra na Deputación de Pontevedra convocada por todas as plataformas de afectados da provincia. O colectivo entende que, se a día de hoxe Novagalicia Banco é 100% propiedade do FROB, a responsabilidade están en mans da Xunta de Galicia e o executivo de Mariano Rajoy. A nova situación levounos a cambiar “o enfoque” das súas protestas. Esta tarde volverán concentrarse ás 17.00 horas diante das sucursais de NGB de Redondela, e ás 19.00 horas diante do Concello.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará