Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Galicia esmaga a Australia

RR_Noticias

A selección galega sénior completou onte en Chapela a festa do balonmán galego cunha vitoria abafante fronte á mundialista Australia (33-16). Era o sétimo partido da selección galega con Fran Teixeira ao fronte e o equipo segue invicto, sumando un total de cinco triunfos e dous empates. O partido serviu tamén para inaugurar oficialmente as obras de reforma do pavillón.

O triunfo foi máis sinxelo do esperado, xa que Australia viña co cartel de selección mundialista. O parcial inicial foi abrumador: O combinado galego logrou un 14-0 que deixaba absolutamente fóra de xogo aos visitantes. Australia non foi quen de conseguir perforala portería galega ata o minuto 21 (Hedges). En toda a primeira metade logrou un total de catro tantos. Tralo descanso, máis do mesmo, aínda que Galicia entrou nun período de certa relaxación provocada polo amplísimo marcador. O público, que abarrotaba o remodelado pavillón de Chapela, gozou do espectáculo ofrecido polo conxunto de Teixeira. Ao final do choque, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o alcalde de Redondela Javier Bas e o presidente da Federación Galega de Balonmán José Luis Pérez Ouro, entregaron uns recordos aos capitás de Australia, Galicia e Fran Teixeira.
Inauguración das reformas
O partido serviu para inaugurar oficialmente as obras de reforma do pavillón polideportivo municipal de Chapela que se levou a cabo a través da colaboración entre o Concello e a administración provincial. O investimento destinado a esta actuación ascendeu a 485.737,56 euros dos cales a Deputación financiou 346.384 e os restantes 139.352 foron asumidos pola administración local. O pavillón polideportivo de Chapela, de titularidade municipal, presentaba unha serie de deficiencias que impedían a súa utilización de xeito normal, necesitando unha profunda remodelación, tanto na pista de xogo como nos elementos complementarios. A obra supuxo unha reforma profunda do Pavillón Polideportivo e incluíu actuacións no interior e no exterior do edificio, mellorando tanto a súa funcionalidade como a imaxe externa. Adaptouse o local do semisoto (de 346 m2) para albergar unha Escola Elemental de Música, dotándoo de aulas e salas convenientemente insonorizadas. Para mellorar as condicións de habitabilidade e o aspecto exterior do edificio, procedeuse ao tratamento das fachadas aumentando o illamento térmico e a impermeabilidade, así como cun pintado integral do edificio. As terrazas e os seus accesos tratáronse con mortero e pintura impermeable e instalouse un cerramento metálico para evitar actos vandálicos. Con estas obras, Deputación e Concello apostaron por optimizar recursos e posibilitando que as instalacións non só sigan prestando un servizo ao deporte, senón que abran as súas portas a un novo uso: a formación musical de nenos e nenas.
33. GALICIA: Xavi Díaz; Adrián Rosales, Suso Soliño (4); Víctor Frade (4), Rafa Dasilva (1), Cerillo (9), Pablo Cacheda (2) – sete inicial- Rodrigo Corrales, Serafín Pousada (1), Roberto Sánchez (5), Víctor Rodríguez (2), Ramón Martínez (1), David García (3) e Dani Cerqueira (1).
16. AUSTRALIA: Boris Jovanovic; Bevan Calvert (4), Mitchell Hedges (2), Caleb Gahan, Antonio Queiroz, Callum Mouncey, Martín Najdovski (3) – sete inicial – Tommy Fletcher (4), Daniel Kelly (1), Jay Abiera (2) – Ognjen Matic, Nemanja Subotic e Tin Anderson.
MARCADOR CADA CINCO MINUTOS: 3-0, 7-0, 11-0, 14-0, 16-3, 18-4 (descanso), 21-6, 22-8, 24-12, 26-13, 30-14 y 33-16 (final).
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará