Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unanimidade dos grupos políticos de Redondela contra a ampliación da AP-9 en Chapela

RR_Noticias

Todos os partidos con representación municipal asinaron unha declaración conxunta contra a creación de novos carrís para autoestrada ao seu paso pola parroquia. A Asociación de Afectados pola AP-9 aplaude o acordo e lamenta que o Ministerio de Fomento continúe co proxecto malia o compromiso de estudar antes a construción dunha autovía alternativa.

Todos os grupos políticos con representación municipal en Redondela (PP, PSOE, BNG e AER) asinaron onte unha declaración conxunta para expresar o rexeitamento unánime ao proxecto de ampliación da AP-9 desde a ponte de Rande ata Teis. Os partidos xustifican a súa oposición a este proxecto polo prexuízo que causaría á parroquia, incrementando a “desestruturación” territorial que sofren os veciños e castigando “de forma inxusta” a unha parroquia na que as infraestruturas non teñen contrapartida nin solucións alternativas posibles ás dificultades que orixinan na vida cotiá”. Lembran que os veciños de Chapela xa soportan dúas liñas de ferrocarril, unha estrada nacional, outra autonómica e a autoestrada, o que “fai case imposible a vertebración urbanística e a dotación de comunicacións adecuadas entre todos os barrios é complicada”. O escrito destaca os graves danos que estas infraestruturas causan á parroquia, “tanto a nivel paisaxístico como ambiental”. Roberto Villar, secretario da Asociación de Afectados pola AP-9 lembra que son “máis de 1.300” veciños os directamente afectados pola ampliación da autoestrada, e que outros 8.000 se verán prexudicados. Os partidos políticos mostran o seu “total apoio aos afectados” por este proxecto e acompañaranos nas súas “accións e declaracións” en contra da ampliación. Tamén se comprometen a facer “todo o que estea na súa man para loitar contra o proxecto desde a legalidade”. Ademais, o Concello de Redondela levará adiante “as accións que estime oportunas para rexeitar e paralizar a realización da ampliación, sen prexuízo de prestar apoio ás que poidan exercer os afectados de ña ampliación pola súa conta”. Por último, todos os grupos asinantes solicitan de forma unánime a supresión da peaxe de Rande por consideralo “inxusto e discriminatorio” con Redondela, por ser o municipio que sofre as consecuencias do paso da autoestrada polo seu territorio “sen que fose beneficiado por ningunha das bonificacións aplicadas ás peaxes”.  

Roberto Villar secretario da Asociación de Afectados
Villar explica que os veciños da parroquia se ven afectados sen contrapartidas.
Compromiso político
A asociación lamenta que o Ministerio de Fomento non cumpra co seu compromiso de evitar a ampliación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará