Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.S.D.C. Chan das Pipas organiza obradoiros de papiroflexia e pintura para todos os públicos

RR_Noticias

A Cultural de Saxamonde ofrece actividades para toda a familia. O tradicional canto de Reis, as artes xaponesas da papiroflexia e o furoshiki, ou os obradoiros de pintura para decorar a Biblioteca do centro son algunhas das alternativas.

Mañá, día 27, comezan os ensaios para o Canto de Reis, serán os días 27 de decembro e 3 de xaneiro, unha tradición recuperada en Saxamonde hai algo máis dunha década e que este ano incluirán cantigas recollidas no Cancioneiro de Casto Sampedro. O Centro programa tamén un obradoiro de Furoshiki, a arte xaponesa de envolver agasallos con teas, o día 27 de decembro ás 19.00 horas, e outro de papiroflexia, o día 29 ás 18.00. Tamén se organizan dous obradoiros de pintura para decorar a Biblioteca da Cultural, que pronto será inaugurada. Trátase dun espazo composto por libros cedidos por socios, colexios e particulares e decorado cun mural pola artista redondelá Marta Cabaleiro. Nos obradoiros, pequenos e maiores, poderán completar a decoración da habitación e participar activamente na construción dese recuncho de cultura de Saxamonde. Serán os días 28 de decembro e 3 de xaneiro ás 18.00 horas. Haberá tamén un videoforum infantil o día 30 de decembro coa proxección da película de Walt Disney “El Agujero Negro” ás 18.00 horas, e a Festa de Fin de Ano para recibir ó 2013 a partires das 01.00 horas.    

Paulo Jablonski presidente da asociación
Todos os que o desexen poden participar nos obradoiros.
Nova biblioteca
O centro inaugurará en breve a nova biblioteca e todos poden participar na súa decoración.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará