Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un home en Redondela por estafar 17.400 euros a unha muller mediante unha débeda falsa

RR_Noticias

A Garda Civil de Fornelos de Montes detivo en Redondela a un veciño de Soutomaior acusado de estafar 17.400 a unha muller á que fixo crer que o Concello de Pazos de Borbén debíalle abonar 352.000 euros.

P.C.C., de 40 anos e veciño de Soutomaior presentou á vítima unha sentenza falsificada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a cal se condenaba supostamente ao Concello a indemnizala con esa cantidade de diñeiro, por uns terreos obtidos nun preito. O estafador convenceu á muller para que lle fose entregando sucesivas cantidades de diñeiro para facerlle fronte a supostos gastos de xestión na tramitación do cobro da indemnización. A muller denunciou finalmente a manobra en setembro, o que deu lugar á investigación e a detención posterior do home, acusado de estafa e falsidade documental, que foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela, que o deixou en liberdade con cargos. A investigación continúa aberta, polo que desde o instituto armado non se descarta a posibilidade de imputarlle máis delitos desta mesma índole.
Un motorista ferido nun accidente en Chapela
O condutor dun ciclomotor resultou ferido onte logo de colidir contra un coche en Chapela. O accidente produciuse ás 02.45 horas, na avenida de Vigo, á altura da zona das Catro Pontes. O motorista tivo que ser evacuado por unha ambulancia a un centro hospitalario vigués. No operativo interviñeron Policía Local e Protección Civil, para as tarefas de limpeza da estrada.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará