Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A consellería de Educación afirma que o tellado do CEIP de Quintela está “en perfectas condicións”

RR_Noticias

Desde a Xunta alegan que os informes técnicos garanten que a cuberta non presenta deficiencias, malia as queixas realizadas por parte da dirección do centro e a ANPA. O grupo municipal do BNG súmase a esas reclamacións e presentará unha moción no pleno de mañá xoves para que a consellería de Educación cambie a cuberta do colexio.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asegura que o tellado do colexio de Quintela de Redondela atópase en “bo estado”, segundo certifica un informe da unidade técnica do departamento de Educación, así como outro dunha empresa externa. Ademais lembran que en febreiro do pasado ano reparouse parte da cuberta tras os danos que sufriu por un temporal. Educación responde así ás demandas realizadas desde a Asociación de Nais e Pais de Alumnos e a dirección do centro para que se renovase o tellado pola deterioración que presenta, e ante o risco de que se produzan novos desprendementos. O grupo municipal do BNG súmase a esas reclamacións e presentará unha moción no pleno de mañá xoves para que a consellería de Educación cambie a cuberta do colexio. O Bloque presentou unha emenda aos Orzamentos da Xunta de 2012 para que se incluíra unha partida de 300.000 para poñer un tellado novo, pero foi rexeitada polo PP. A moción dos nacionalistas propón que o Concello de Redondela esixa do novo goberno da Xunta que nos vindeiros Orzamentos do ano 2013, se recolla unha partida específica para o cambio de cuberta do CEIP Quintela-Redondela.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará