Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en marcha un plan de conservación de Monte Penide cunha ruta e un museo virtual

RR_Noticias

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural aprobou subvencións para tres proxectos presentados polo Concello de Redondela. Entre eles unha iniciativa de protección e conservación de Monte Penide, coa localización dos restos arqueolóxicos, unha valoración do seu estado e a súa sinalización. Elaboraranse rutas, un vídeo documental e unha páxina web-museo virtual.

O xacemento de Monte Penide vaise beneficiar das axudas da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). A subvención forma parte do total de 74.170 euros concedidos por Agader para tres proxectos. Un deles é o de recuperación dos restos arqueolóxicos, con varias mámoas e petroglifos, coa súa posta en valor, unha sinalización correcta de todos os elementos, e a elaboración dunha ruta que facilite a súa visita. Tamén se fará un vídeo documental sobre o patrimonio de Monte Penide, que se divulgará a través dun museo virtual nunha páxina web. A subvención aprobada por Agader inclúe outros dous proxectos. Por unha banda, a instalación dunha rede de enerxía solar térmica para obter auga quente no campo de Santa Mariña, o que suporá un importante aforro en gasóleo nas instalacións deportivas. Tamén recibiu o visto e prace o plan de mellora dos espazos de convivencia no rural, que suporá unha mellora nos parques infantís de tres parroquias e a colocación dun circuíto biosaudable en San Martiño de Ventosela e outro en Reboreda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará