Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O dono da formigoneira de Vilar será xulgado por desobediencia ao non cesar a actividade nocturna

RR_Noticias

Jorge Cuevas, propietario da planta de formigón do barrio de Millarada, senta hoxe no banco dos acusados no xulgado de Penal 2 de Vigo imputado dun delito de desobediencia á autoridade polos reiterados incumprimentos das ordes de cesar a actividade nocturna destas instalacións e a rotura dos precintos policiais que impedían o paso ás dependencias da formigoneira.

A acusación particular exerceuna o Concello de Redondela, que foi o que interpuxo unha denuncia na Fiscalía ante os incumprimentos das ordes. Ademais a nave carece dunha licenza de apertura e posta en funcionamento que ampare as súas instalacións. Os veciños da zona levan anos denunciando a actividade da planta, debido á contaminación acústica que xera e tamén á polución, con partículas de po sempre no aire. A formigoneira é unha das subministradoras das obras do AVE e a actividade das súas instalacións non cesa nin sequera durante a noite, polo que as protestas se incrementaron. Esta situación xa foi denunciada ante o Xulgado do Contencioso e o fallo recorrido tanto polos responsables da formigoneira como polo Concello, que agora se volven a enfrontar nos xulgados. Os máis afectados, os veciños, foron chamados a declarar como testemuñas, sen que puidesen personarse na causa. Un deles, José Manuel Crespo, reiterou que seguirán loitando “polos seus dereitos”ata conseguilo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará