Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Balonmán Chapela busca solucións á falta de espazo no pavillón para poder adestrar

RR_Noticias

Comezou a tempada e o club que preside Manuel González Soto atópase co problema de que a única pista cuberta coa que conta a parroquia non é suficiente para acoller a todos os seus equipos base, xa que deben compartir as instalacións con equipos de fútbol, fútbol sala e patinaxe.

A reforma do pavillón está a piques de rematarse, as instalacións contan con tarima flotante e unha renovación total, tanto exterior como das gradas. Un investimento que desde o club agradecen ó Concello e á Deputación de Pontevedra, pero lembran que “o problema máis grave do balonmán de Chapela segue sen resolverse”. Na parroquia non existe outro pavillón, nin tampouco instalacións cubertas nos centros de ensino onde os equipos base poidan adestrar. Na actualidade o club conta con trece equipos de todas as categorías, o que suma un total de máis de 300 rapaces e rapazas, e deben repartir o uso das instalacións con outros clubs de fútbol, fútbol sala e patinaxe. Como solución provisional negocian coa concellería de Deportes a construción dunha pista descuberta no aparcadoiro do pavillón. Con todo, Soto advirte que será só “un remendo”, xa que nos días de choiva non poderán utilizala, polo que reclaman unha maior implicación por parte da administración provincial e autonómica. Solla&Cía Chapela No tocante ó equipo de máxima categoría, o presidente agradece o apoio da empresa construtora Solla&Cía, que lles permite seguir na Primeira Nacional con garantías. O equipo gañou os dous partidos disputados ata o de agora, e afronta a liga “con máis garantías” logo de incorporar algúns reforzos con xogadores da base e as fichaxes de Esteban, Fabián, Vidal e o porteiro Antón. O próximo encontro será en Chapela, diante do Covadonga, un partido que Soto prognostica que será “duro” pola calidade do rival. A cita é o sábado ás 18.30 horas no pavillón de Chapela.  

Manuel González Soto presidente
O clul lamenta non dispoñer de espazo suficiente para que todos os rapaces adestren en boas condicións.
Reforzos para a Primeira Nacional
O equipo de Fran Teixeira incorpora varios reforzos con novas fichaxes e xente da casa.
Solla&Cía Chapela-Covadonga
Un interesante partido que se xoga o sábado ás 18.30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará