Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela recibe da Xunta de Galicia 70.000 euros para o seu segundo Plan de Emprego

RR_Noticias

A Dirección Xeral da Formación e Colocación da Xunta concedeu por segundo ano ao Concello de Redondela unha subvención que permitirá desenvolver o segundo Plan de Emprego Local. Un dos aspectos máis valorados para outorgar a axuda é a inserción alcanzada desde a posta en marcha do primeiro plan como resultado das accións realizadas desde a área de Desenvolvemento Local.

O importe da subvención é de 70.600 euros para desenvolver o segundo Plan Municipal de Emprego (PER II) no que participarán sesenta acodes, dos cales o 50 por cento serán menores de 30 anos e mulleres. A concelleira de Emprego, Ana Alonso, destaca o esforzo realizado na área da inserción laboral. Unha das iniciativas máis importantes é a bolsa municipal de emprego, que reúne o perfil das persoas desempregadas no municipio co obxectivo de ofrecer ás empresas contactadas os currículos dos candidatos que se adaptan ás características que estas demandan, tendo en conta a formación e o perfil dos usuarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará