Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O folclore portugués, asturiano e castelán chega a Chapela da man do festival de Anaquiños

RR_Noticias

O Grupo Folclórico Anaquiños celebrar este sábado o seu festival folclórico anual, que realizan desde hai máis de 15 anos. A cita é no Multiusos do Piñeiral, e contar con actuacións de grupos chegados desde Mindelo, Candás e Valdepeñas, ademais da propia agrupación redondelá.

A visita destes grupos a Redondela forma parte dos intercambios culturais nos que participa Anaquiños, en correspondencia logo de que o grupo de Chapela participase tamén en festivais nestas localidades de Portugal, Asturias e Castela. Unha iniciativa que ten por obxectivo dar a coñecer os distintos folclores da península ibérica. Estrella Iglesias, da directiva, explica que para Anaquiños “é todo un honor” poder representar a tradición da música e o baile galegos fóra das nosas fronteiras, e amósanse moi orgullosos de ter un grupo “tan unido”.Para celebrar este festival convidan a todos os veciños de Chapela e o resto de Redondela, tamén a todos os orixinarios de Asturias, Portugal e Castela que residen na bisbarra e, en xeral, a todos os que gustan da música e baile tradicionais, a gozar con eles deste festival. O certame, que comezará ás 19.30 horas, conta coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación de Pontevedra.  

Grupos participantes
Estrella Iglesias da directiva de Anaquiños fálanos do festival.
Tradicións galegas
O grupo Anaquiños traballa moi unido para dar a coñecer o folclore galego.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará