Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A asociación de Afectados da autoestrada Rande-Teis denuncia graves danos na ponte

RR_Noticias

Membros do colectivo puideron comprobar desde o mar o estado de deterioro no que se atopan os alicerces da ponte de Rande, con claros signos de corrosión. Comprobaron que desde a anterior revisión, realizada por eles en 2010, non se realizou ningunha obra de mantemento por parte da concesionaria Audasa.

Acompañados por mariñeiros de Chapela, acudiron en embarcacións e atopáronse con notables buracos na base da ponte que non foron reparados, aos que se suman danos noutras partes dos soportes. O certo é que entón mesmo especialistas en corrosión da Universidade de Vigo advertiron de que sería necesario unha operación a fondo para evitar problemas futuros. Segundo explicou César Domínguez, da asociación de Chapela, buscaban un buraco nun dos alicerces da ponte que algúns mariñeiros dicían que só se vía nas mareas máis baixas. Unha vez localizado puideron comprobar que é o interior do pilote dun alicerce onde caben brazos ou remos. Por outra banda, as gretas detectadas en 2010 non se repararon senón que mesmo empeoraron. Os representantes desta asociación afirman que á empresa concesionaria da autoestrada “non lle interesa realizar esas reparacións”, e agardan a que se amplíe a ponte “para que as obras vaian incluídas no proxecto, é dicir, que as pagaremos todos”. O colectivo denuncia que “a autoestrada coa peaxe máis cara por quilómetro do país”, mostra tal falta de abandono, non só na ponte senón tamén nas zonas urbanas que atravesa, Rande, Cabanas, Chapela, Teis, que carecen de pantallas acústicas, falta de limpeza e de seguridade nos aramados e pasarelas, e a administración “non toma medias”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará