Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ximnasia, capoeira e bailes no Círculo de Chapela

RR_Noticias

O obxectivo deste centro cultural é ofrecer actividades para todos os públicos, polo que esta semana comezan con novos cursos de actividade física para maiores, capoeira, danza moderna para nenos, baile de salón, Pilates e clases de corte e confección.

Desde o Cículo Cultural e Recreativo de Chapela tampouco queren esquecer aquelas actividades que nos últimos tempos tiveron moita demandan, como a música e o baile galego, e as ensaios da súa coral. O presidente, Emilio Sánchez, anima aos veciños de todas as idades a participar nestas actividades, e sacar “o máximo rendemento” ás súas instalacións. O prezo das actividades vai desde os 15 ata os 20 euros, en función das horas semanais que se imparten. O Círculo, que a pasada fin de semana participou tamén na II Festa Popular Froles Mareliñas, busca ser un punto máis de dinamización dentro da parroquia, que a súa directiva quere abrir “a toda a cidadanía”.  

Emilio Sánchez presidente
O Círculo ofrece actividades para todas as idades.
Círculo Cultural e Recreativo
A nova directiva pretende facer unha asociación aberta á cidadanía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará