Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG cualifica as declaracións sobre a lonxa de Cesantes como unha “burla” á cidadanía

RR_Noticias

A agrupación nacionalista de Redondela cualifica as declaracións da conselleira Rosa Quintana de “falsas promesas electorais”, e denuncia que non se execute o proxecto integral do peirao de Cesantes, cunha nova lonxa, a pivotaxe do peirao e novas instalacións para mariñeiros e mariscadoras.

A información transmitida logo da xuntanza do alcalde de Redondela, Javier Bas, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, foron cualificadas de “decepcionantes” por parte do Bloque. As declaracións da conselleira asegurando que a nova lonxa estará rematada “no segundo semestres de 2013” non convencen ós nacionalistas. Botan en falta o proxecto de renovación do conxunto do Peirao de Cesantes, que chegou a ser valorado en seis millóns de euros, no que se contemplaba a renovación total da lonxa, a pivotaxe do peirao, e novas instalacións para os mariñeiros e mariscadores e mariscadoras. Finalmente, a consellería só anunciou as obras da lonxa, sen que concretaran aínda datas de execución. O BNG lamentan tamén que o alcalde evitara xuntar ás Mesa de Seguimento das Obras da Lonxa. Dita Mesa foi creada “para dar conta de todas e cada unha das novidades de dita obra”. Na Mesa había representación dos diferentes grupos políticos, da confraría e colectivos vinculados ao mundo do mar, que non foron aínda convocados.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará