Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Esquerda Unida considera unha “tomadura de pelo” as melloras anunciadas para a depuradora

RR_Noticias

A Agrupación Comarcal de EU entende que eliminar o seu impacto visual coa plantación de bambú é unha “aberración”, xa que se trata dunha especie invasora. Tamén advirten que os sistemas de desodorización non eliminarán os malos cheiros, xa que estes se producen cando as augas residuais superan a capacidade da EDAR e verten ao mar.

O proxecto presentado pola Consellería de Medio Ambiente non convence a EU. En canto a pantalla vexetal con bambú, entenden que existen outras especies vexetais máis axeitadas, “que incluso eliminan os metais pesados vertidos”. En canto a os sistemas de desodorización, afirman que a súa eficacia “vai ser mínima”, xa que o proceso de deshidratación dos lodos “non é o que produce mais cheiro”, se non cando se verten as augas residuais sen tratar, porque a EDAR “non dá abasto” xa que preto da metade da rede de saneamento non separa augas pluviais das fecais. EU e AER presentaron o pasado mes de xuño unha petición na comisión de rogos do Parlamento Europeo, denunciado estas irregularidades que fan que a Enseada de San Simón sexa un dos puntos mais contaminados de toda a ría por contaminación micro biolóxica por metais pesados destacando o chumbo e o cadmio, debido a o uso, ao longo de décadas, de pintura con contidos en chumbo que se utilizan como anti incrustantes de rémoras nos cascos dos barcos. Denuncian tamén que a EDAR de Redondela está incumprindo diferentes normas de protección ambiental e social. O Decreto 133/2008, da Xunta de Galicia, que incide sobre as obras e instalacións consideradas molestas, insalubres, nocivas e perigosas, xa que hai vivendas e unha zona de equipamentos, como colexios, Centro de Saúde e a Piscina Municipal, a menos de 100 metros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará