Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta mellorará a depuradora coa eliminación de cheiros e a redución do impacto visual

RR_Noticias

Augas de Galicia instalará un peche vexetal mediante a plantación de bambú para reducir o impacto visual da planta da Marisma. Tamén está previsto instalará sistemas de desodorización que permitirán reducir de forma importante o cheiro que xera a estación depuradora.

A Consellería de Medio Ambiente mantivo onte unha reunión na Delegación Territorial de Vigo a que acudiron o presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, e na que estivo tamén presente a delegada da Xunta en Vigo, María José Bravo. No encontro, o representante da Xunta explicou o contido do proxecto que está a redactar Augas de Galicia, e no que se recollen as melloras na Estación de Depuración de Augas Residuais (EDAR) de Redondela co fin de lograr a redución da contaminación visual, sonora e olfativa da planta. O proxecto de melloras nesta planta de tratamento inclúe varias actuacións. A primeira é a instalación dun peche vexetal mediante a plantación de bambú. Este peche permitirá reducir o impacto visual que xera a EDAR, ocultándoa ao camiñante que circule polo actual paseo fluvial. Tamén se instalarán sistemas de desodorización, unha vez localizados os focos máis importantes de contaminación olfativa da EDAR, que permitirán reducir de forma moi importante o olor xerado nestes puntos da instalación. Durante a reunión, os responsables de ambas administracións tamén trataron a necesidade de anticiparse á época de choivas coa limpeza das marxes dalgúns tramos fluviais así coma a necesidade de poñer en servizo as obras de saneamento e abastecemento que Augas de Galicia está a executar no municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará