Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco golea ao Grove en Santa Mariña

RR_Noticias

Cun resultado de 5-0 os redondeláns despexaron todas as posibles dúbidas logo de ter comezado a tempada cunha derrota en Atios. Malia as baixas sufridas polos de Jacobo Montes esta temporada, o equipo demostrou que segue a ter unha excelente pegada.

O equipo redondelán comezou a liga con moitos cambios, nova directiva dirixida por unha Xunta Xestora, e importantes baixas no equipo titular (Yeray, Aitor Gómez, Gorka, Fon, Yago e Álex). Comezaron tamén con dúbidas, logo da derrota da primeira xornada en Atios (0-1). Pero nada diso se deixou sentir onte no campo de fútbol de Santa Mariña. O debut do Choco diante do seu público foi inmellorable. Os dous goles de Chus e o de Diego no primeiro tempo deixaron o encontro sentenciado para o descanso. A expulsión do grovense Ameixeiro no minuto 25 por dobre amarela puxo aínda as cousas máis de cara para os redondeláns. Caloi sería o encargado de anotar os outros dous goles no segundo tempo, aínda que o encontro xa estaba sentenciado. Cos tres puntos o Choco ponse na 7ª posición da táboa. A próxima xornada visitan o campo do Valladares, un posto por riba dos de Jacobo Montes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará