Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Lolapop para nenos chega a Redondela con Maryland, Munich e actividades infantís

RR_Noticias

A Alameda acolle este sábado unha interesante cita para rapaces de 0 a 14 anos. Poderán gozar dun concerto en acústico, plasmar a súa visión do festival a través da pintura e mesmo gravar un videoclip dunha das actuacións. As actividades comezarán ás 12.00 horas, con entrada de balde.

Como anticipo do festival Lolapop, que se celebra o 8 de setembro en Cesantes, chega este sábado a Redondela a súa sesión infantil. A partir das 12.00 horas, pequenos e pequenas de entre 0 e 14 anos xuntaranse na Alameda para gozar cos concertos en acústico de Maryland, Munich, Rabas (de Portrait) e Rafa (de Mans De Topo). Unha iniciativa coa que a organización pretende dar a coñecer ós máis pequenos outros estilos musicais, fóra dos circuítos máis comerciais. Josiño Carballo, de Ernie Produccións, destaca que son concertos “participativos”, aos que acoden nenos de todas as idades acompañados de toda a familia. Ademais de música, o festival organiza diferentes actividades para os nenos, entre as que destaca o ” Grava o Lolalpop”, na que os nenos gravarán en vídeo unha das actuacións cos seus teléfonos móbiles ou cámaras de vídeo. Con esas imaxes montarase despois un vídeo que se publicará na web e as redes sociais do Lolapop. Os que queiran participar nesta actividade deben inscribirse ao chegar ao recinto. Tamén se organiza o “Debuxa o Lolapop”, que permitirá aos nenos dar a súa visión dos concertos. Unha selección dos debuxos publicarase despois na web e as redes sociais do festival. Unhas actividades que a produtora do festival organiza con entrada de balde para introducir ós máis pequenos o gusto pola música alternativa. Cartel do Lolapop As entradas para o Lolapop están xa á venda, ao prezo de 12 euros en ticketea.com, 16 euros na billeteira. A organización xa confirmou o cartel completo dos concertos, con Niños Mutantes, Supersubmarina, Munich, Maryland, Bigott e Rusos Blancos, ademais de Charlie-DJ. A cita é o 8 de setembro no Peirao de Cesantes.  

Josiño Carballo organizador
A festa infantil busca achegar ós nenos outros estilos musicais.
Actividades para os nenos
Poderán gravar un vídeo e facer debuxos sobre o festival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará