Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Nacional realiza unha exhibición en Arcade ante un grupo de Special Olympic Galicia

RR_Noticias

Axentes do Corpo Nacional de Policía visitaron onte o municipio de Soutomaior. Alí amosaron o seu traballo ós participantes nos campamentos de verán para persoas con discapacidade intelectual que se aloxan nas instalacións do colexio Santiago Apóstol. Ata alí trasladaron varios coches patrulla e motos.

Foi unha interesante experiencia para os integrantes do grupo de Special Olympic Galicia, organización que traballa con persoas con discapacidade intelectual. Os asistntes puideron ver de preto como é o traballo policial e os medios dos que dispoñen. No transcurso da demostración, os axentes explicaron aos asistentes en que consiste o seu traballo, os casos nos que interveñen os coñecidos coches ‘z’ ou as furgonetas da Unidade de Prevención e Reacción, que enviou até Arcade douss dos seus vehículos, un deles unha moto que rapidamente se converteu na estrela do encontro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará