Hoxe é Luns 11 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Nace Lareta, o Festival de Monólogos redondelán

RR_Noticias

Rober Bodegas, Carlos Blanco, Avelino González e Isabel Risco conforman o cartel do primeiro certame de monólogos de Redondela. Está organziado polo Servizo de Normalización Lingüística, da Concellería de Cultura, e contará tamén cunha sesión infantil a cargo de Carmen Conde. Os espectáculos serán os sábados, do 1 de setembro ao 6 de outubro. O prezo das entradas será de 4 euros para cada unha das sesións, 2 euros no caso do espectáculo infantil.

A programación cultural de Redondela continúa en setembro cunha nova e atractiva proposta. Lareta, un festival de monólogos que achegará a Redondela e Chapela aos máis recoñecidos “contadores de historias” de Galicia. O evento nace co obxectivo de “potenciar” o uso oral da lingua galega e “promover” o traballo daqueles que apostan pola lingua galega como instrumento de creación artística. O seu propio nome, Lareta, fai referencia precisamente a esa necesidade da sociedade de “laretar”, falar “sen control nin medida”, e usar o galego como vehículo de comunicación. Trátase ademais dunha unha proposta creativa e artística que ten vocación de futuro, para se converter nun referente da oferta cultural redondelá. Nesta primeira edición, abre o cartel Avelino González, o 1 de setembro, co espectáculo “Historias de contrabando”. O día 8 será a quenda de Isabel Risco, con “Nabiza girl, unha viaxe espacial”. O día 15 continúa co humor de Rober Bodegas e o seu monólogo “O día que empecei a odiar os iogures”. O 29 de setembro o festival está dirixido ó público infantil da man de Carmen Conde Gaute, coa compañía Os Tres Contantes e Sonantes, con música en directo, ao que poderá asistir toda a familia. Carlos Blanco pechará o festival o 6 de outubro co espectáculo “Teño días”. As sesións celebraranse no Auditorio da Xunqueira de Redondela, agás a do día 8 de setembro que se desenvolverá no Auditorio do Piñeiral do Crego, en Chapela. Os espectáculos de adultos comezarán ás 20.00 horas e o infantil ás 19.00. As entradas, cun prezo de 4 € para as sesións de adultos, e 2 € para a sesión infantil, poderanse mercar dende 48 horas antes a cada representación no mesmo auditorio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará