Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

50 expertos internacionais analizan en San Simón o futuro das industrias culturais e creativas

RR_Noticias

A Cultura Emprendedora e Innovadora para as Industrias Culturais é o eixo central da segunda edición do Foro Internacional INDCREA que comeza hoxe martes a se prolongará ata o 19 de xullo en San Simón. O encontro está organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Un encontro que reúne a máis de 50 expertos internacionais procedentes dos ámbitos académico e profesional vinculados á industria cultural e creativa, tanto desde a perspectiva do creador como das do empresario, empregado ou promotor, centraranse na análise na cultura emprendedora como un dos piares do desenvolvemento do sector. O proxecto INDCREA ten como obxectivo analizar e atopar novas fórmulas (a través do debate, a reflexión e mesmo a investigación) que permitan enfrontar con éxito os desafíos de futuro das industrias culturais e creativas, un sector estratéxico en Galicia non só polo seu capital artístico senón tamén pola importancia do tecido produtivo relacionado, cunha gran capacidade de xeración de emprego e de resistencia á crise económica. Así, neste foro analizaranse aspectos como o valor económico das industrias culturais, os modelos de negocio existentes e emerxentes ou a necesidade de acometer unha reestruturación imposta pola crise económica e a reconversión tecnolóxica. Ademais dun amplo colectivo de profesores universitarios e profesionais galegos, encargaranse de analizar todos estes aspectos destacados expertos que desenvolven o seu traballo fóra de Galicia, como son os casos de Rafael Rodríguez Ponga, secretario xeral do Instituto Cervantes; Manuel Toharia, director científico da Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia; Paulo Faustino, secretario da Asociación Portuguesa de Medios de Comunicación Social; Gonzalo López Campos, director do selo Movistar Música; Francisco Aguadero, investigador, comunicador e especialista en comunicación social; ou Juan Nouche, produtor multimedia de Otiiplanet.com, entre outros.  

Francisco Javier Alonso director da Fundación
Obxectivos do proxecto
Expertos internacionais
Ponentes de diversos ámbitos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará