Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG alega contra a delimitación dos espazos e usos do litoral por parte da Autoridade Portuaria

RR_Noticias

Aseguran que o Plan de usos presentado pola Autoridade Portuaria non recolle a protección especial coa que debería contar a maior parte da superficie afectada dentro do termo municipal de Redondela “por estar enmarcado na Rede natura 2000 como LIC enseada de San Simón” e solicitan a desaparición ou reubicación das empresas que se atopan situadas nese espazo.

Segundo explican os nacionalistas a memoria da Autoridade Portuaria recolle máis de 220.000 metros cadrados de litoral dentro do termo municipal de Redondela “a maior parte encadrado na Rede natura 2000”, sen que se teñan en conta que este espazo debería contar cunha especial protección polo que  ao seu entender a “explotación destes terreos por parte da AP vai poñer en risco a estabilidade do ecosistema da enseada, con graves prexuízos tanto ecolóxicos como económicos en relación coa actividade pesqueira e marisqueira da zona, no momento en que se aumenta o tráfico marítimo  e as actividades industriais”.
Reclaman ademais nas súas alegacións que se estude a “desaparición ou no seu caso a súa reubicación na Plisán” das empresas situadas nese tramo do litoral e que se desafecten as instalación náutico-deportivas englobadas nos tramos costeiros do Concello de Redondela así como os espazos que no documento da Autoridade Portuaria son cualificados como “espazos infrautilizados de zonas portuarias e peiraos anexos”.
Dende o BNG critican ademais que a totalidade do documento presentado pola Autoridade Portuaria de Vigo estea redactado en español ademais de non recoller correctamente os nomes dos lugares aos que fai referencia polo que solicitan que “sexa substituída a base documental e que se restitúan os nomes correctos en base á aplicación da lexislación vixente en materia de normalización lingüística”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará