Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O recorte de concelleiros suporía unha diminución de seis edís na Corporación redondelá

RR_Noticias

O recorte do 30% no número de concelleiro anunciado por Mariano Rajoy para aforrar cartos nas administracións locais suporía reducir notablemente o número de edís que a día de hoxe conforman os Concello. No caso de municipios como o de Redondela a medida podería traducirse en que a corporación pasase dos 21 concelleiros actuais a tan só 15.

Un anuncio feito por Rajoy no Congreso o pasado mércores pero cuxa aplicación aínda falta por concretarse, xa que haberá que saber polo miúdo cales son os criterios para realizar ese recorte. Un axuste que a priori podería deixar a corporación redondelá con tan só 15 representantes. Un traslado proporcional do recorte á situación actual faría que o PP pasara de 10 concelleiro a 8, o PSOE perdería 3 representante, pasando de 8 a 5, o BNG diminuiría tamén o seu número e quedaría con tan só un concelleiro fronte aos dous actuais e AER continuaría cun representante.
Con todo, a medida de chegar a facerse efectiva aínda terá que esperar practicamente tres anos, xa que non se aplicaría ata as vindeiras eleccións municipais do 2015 e previamente haberá que definir como se traslada a actual lei electoral a un novo reparto de concelleiros na administración local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará