Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela aspira a liderar a LGT-A que comeza en Sanxenxo

RR_Noticias

Esta fin de semana comezan as Ligas Galegas de Traiñeiras, nas categorías A e B. O municipio de Redondela conta con representantes nas dúas ligas, na máxima categoría participa o C.R. Chapela, e na de prata o Club de Cesantes. Desde Chapela apuntan a Amegrove e Meira como os principais rivais a bater para título. Na entidade chapeleira están tamén inmersos na súa Escola de Verán, que este ano conta con 30 rapaces.

As probas clasificatorias nas que se determinou a categoría na que militaría cada club deixaron claro o potencial de Chapela, que se proclamou vencedora. Agora queda por diante unha longa liga, xa que a máxima categoría do remo galego arranca esta fin de semana e continúa ata o 26 de agosto. Todas as fins de semana, tanto o sábado como o domingo, haberá competición, sen xornadas de descanso. O vicepresidente do club, Julio Prado, salienta que o título será “para o club que teña mellores suplentes” xa que a competición vai se moi longo, o que requirirá “moito esforzo dos remeiros”. O C.R. Chapela agarda mellorar os resultados da pasada temporada, na que foron segundos, logo de Amegrove se fixera con todas as bandeiras. O equipo do Grove seguirá a ser, xunto con Meira, o rival a bater. Poderán medir forzas este sábado, 30 de xuño, e o domingo 1 de xullo, coa Bandeira Concello de Sanxenxo, que organiza o club Amegrove. Os de Chapela organizarán a XXVI Bandeira Concello de Redondela, que se remará o 15 de xullo. Instalacións deficientes Desde o club agardan que ó longo da temporada se poidan resolver tamén as deficiencias que presentan as súas instalacións. No novo Centro de Deportes Acuáticos, recentemente inaugurado, seguen a ter problemas co subministro de auga, e aínda están sen rematar o ximnasio e os vestiarios. Logo de anuncio de investimentos millonarios nas instalacións de Santa Mariña e nos pavillóns de Chapela e Redondela, agardan “un esforzo” da administración local. Julio Prado lembra que o club conta cun cento de deportistas, e pide o mesmo trato para o remo “que para o resto dos deportes, como o fútbol ou o balonmán”. Escola de Verán Hoxe martes comeza a Escola de Remo de Verán, coa que 30 rapaces e rapazas practicarán remo nesta época estival da man do Club de Remo Chapela. Trátase dunha iniciativa que ven repetindo a entidade nos últimos anos e que está a supoñer un éxito de participación. Un bo xeito de dar a coñecer esta práctica deportiva entre os máis novos, que aproveitan os meses de vacacións para achegarse as actividades náuticos. Moitos deles continúan logo no club, pasando a formar parte da ampla canteira do remo de Chapela, que suma xa un cento de remeiros.  

Julio Prado vicepresidente
Amegrove e Meira serán os rivais a bater nesta LGT-A
Deficiencias nas instalacións
Prado demanda unha solución por parte do Concello para as obras pendentes.
Escola de Verán
Trinta rapaces e rapazas participan desta iniciativa do C.R.Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará