Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para se inscribir no campamento urbano de Redondela

RR_Noticias

A actividade, organizada pola Concellería de Xuventude desenvolverase en horario de mañá de luns a venres dende o 2 ao 20 de xullo. Este departamento organiza tamén o campamento de praia en Arealonga nos meses de xullo e agosto e un curso de kaiak orientado a nenos e mozos de entre 7 e 17 anos de idade.

O campamento urbano arrancará co inicio do mes de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas na Alameda de Redondela. As persoas interesadas en inscribirse deben facelo na xornada de hoxe descargando os impresos da páxina do concello www.redondela.es. Os requisitos para participar do campamento e ter entre 4 e 12 anos de idade e estar empadroado no Concello. E tamén coa chegada de verán chegan os tradicionais campamento de praia que este ano se van desenvolver no areal de Chapela quedando suspendida polo de agora esta actividade na praia de Cesantes. O motivo de non se celebrar o campamento na zona da Punta responde, segundo explicaba a edil de xuventude, Erminda Quelle, a que nese areal non se estaba a lograr a participación desexada, polo que están a estudar a posibilidade de realizar outras actividades alternativas que poidan resultar máis atractivas aos nenos. Finalmente, a Concellería ten aberto tamén o prazo para se inscribir nun curso de kaiak orientado a nenos e mozos de entre 7 e 17 anos de idade. Son concretamente 3 cursos con capacidade para 25 rapaces cada curso e cunha duración de 6 horas de duración distribuídas en 2 horas durante 3 días en horario de 11:00 – 13:00h. Desenvolveranse tanto en Cesantes como en Arealonga e o seu prezo é de 10 euros. Os interesados deben inscribirse antes do 27 de xuño.  

Erminda Quelle edil de Xuventude
A concelleira fálanos das actividades en marcha no seu departamento
Buscar alternativas en Cesantes
Están estudando outras actividades para a praia de Cesantes
Cursos de kaiak
Serán en Cesantes e Arealonga

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará