Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto no Multiusos a cargo da cantante redondelá Xulia María

RR_Noticias

A escritora, poeta e cantante Xulia María, ofrece o sábado ás 20:30 horas un concerto no que presentará os novos temas do disco que ten previsto editar no vindeiro mes de xullo e interpretará cancións xa recollida no seu primeiro traballo “A porta aberta”. O prezo da entrada é de 5 euros.

Os seus inicios, en grupos como Xerezade, Continental e Huracán, darán paso a unha carreira en solitario que a levou cantar en diferentes escenarios da comunidade galega e a subirse tamén a diferentes escenarios en Cuba no ano 2002. Un periplo que culminou coa publicación do seu disco “A porta aberta” no ano 2006, un traballo realizado case integramente nos Estudios Arcángel Records de La Habana, en compañía de músicos deste país, como Edelmis Pedroso e Juan Carlos Pérez, integrante da nova trova cubana. Como escritora ten publicado o libro de poemas “Carne y ceniza”. Este sábado presentará no Multiusos da Xunqueira un espectáculo musical composto por algúns temas do seu próximo CD, que verá a luz en xullo deste ano e canción do seu disco anterior, un repertorio variado onde se dan cita os temas en galego, os fados e temas de grandes compositores hispanos. Ademais do CD como proxectos a curto prazo ten xa en marcha un traballo infantil dirixido ao público infantil que irá acompañado da publicación do libro “A árbore das vagalumes, nun círculo de pedras azuis” e un CD de cancións infantís do seu poemario para nenos que serán musicados por Héctor Findell e por Miguel Ángel Hernández, ademais de cancións infantís de Maria Elena Walsh. Este proxecto está elaborándose en colaboración coa compañía Títeres Pequeñoles.  

Xulia María cantante
No concerto contará con varias colaboracións no escenario
Novo disco e novo libro
Prepara un conto para nenos no que se relata a historia de Cesantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará