Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente insta aos veciños a solicitar o permiso para as fogueiras de San Xoán

RR_Noticias

O prazo de solicitude está aberto ata o venres día 15 de xuño e dende a Concellería ínstana a todas as asociacións ou veciños a nivel particular que teñan previsto organizar algunha fogueira en San Xoán a solicitar o permiso correspondente. Lembran que as fogueiras deberán respectar unha serie de medidas de seguridade par garantir o seu desenvolvemento.

O obxecto de presentar as instancias con antelación responde á necesidade de facer as comprobacións e corrección necesarias para que as fogueiras se poidan desenvolver con todas as medidas de seguridades esixidas. Entre estas medidas destacan que se debe de manter unha separación entre as fogueiras e os edificios e as árbores que debe de ser como mínimo de doce metros. O edil de Medio Ambiente, Miguel Angel Álvarez Ballesteros lembra que está prohibida a queima de pneumáticos, plásticos, aceites e calquera outras substancia contaminante que poida desprender fume.  

MIguel Angel Ballesteros edil de Medio Ambiente
A concesión do permiso está suxeito a unha serie de premisas concretas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará