Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Vigo tras colidir na rúa Loureiro e dar positivo na proba de alcoholemia

RR_Noticias

Os feitos producíronse ás 23:30 horas do domingo cando un Jeep Cherokee segundo información facilitada pola policía municipal, colidía contra varios turismo estacionados na rúa Loureiro. O condutor do vehículo tivo que ser trasladado á Comisaría de Vigo para ser sometido á proba do alcohol, debido a que a policía local de Redondela non dispón actualmente do etilómetro regulamentario.

Foron os veciños desta céntrica zona de Redondela os que alertaban á Policía Local do acontecido na rúa Loureiro, cando un Jeep Cherokee conducido por un veciño de Vigo de 58 anos de idade colidía contra outros turismo que se atopaban estacionados. Desprazados ao lugar, os axentes comprobaron que o condutor presentaba claros síntomas de embriaguez e decidiron trasladalo a dependencias policiais en Vigo por carecer nas súas oficinas do etilómetro necesario para a realización da proba.
O home deu positivo, triplicando a taxa de alcol permitida ao volante, polo que foi detido e posto a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará