Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concello e deputación investirán un millón de euros na zona deportiva de Santa Mariña

RR_Noticias

As obras, pendentes de ser aprobadas polo pleno, consistirán na remodelación total do campo do Choco, na dotación de céspede artificial a un campo de fútbol once e na construción dunha nova bancada con vestiarios na parte inferior. A esta primeira fase, que debería executarse no prazo de seis meses, engadiríase unha segunda na que se inclúen a construción de pistas de tenis, pádel e unha zona para a práctica do skate.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, foi o encargado de presentar o proxecto de mellora e modernización das instalación deportivas municipais do complexo de Santa Mariña. Unhas obra que precisarán dun investimento de máis dun millón de euros, dos cales 300.000 sería achegados polo propio Concello e o resto pola administración provincial. As obras consistirán en primeiro lugar na remodelación completa do campo de fútbol existente de herba artificial e que se atopa moi deteriorado, polo que segundo os técnicos “será necesario acometer o reasfaltado para corrixir as pendentes xa que as actuais non son as axeitadas”. A continuación procederase a demolición da bancada actual e a construción dunha nova que albergará novos vestiarios na parte inferior. A maiores transformarase o campo de terra de fútbol once que será dotado de céspede artificial cunhas dimensión de 100×55 metros. Louzán cualificou o proxecto de “ambicioso e necesario para tender as demandas principalmente do club deportivo Choco e das súas categorías bases” e salientou que a actuación servirá para reordenar o lugar. Pola súa banda, o alcalde, Javier Bas agradeceu o apoio da Deputación  e fixo fincapé en que se trata dun proxecto “cuxo deseño é visualmente agradable e que permitirá mellorar as instalación para a práctica do fútbol pero tamén para desenvolver outras modalidade deportivas”. O inicio das obras dependerá de que se lles dea o visto bo no pleno. No caso de acadar ese apoio as obras licitaríanse en xullo para proceder a súa adxudicación en agosto. O prazo de execución aproximado sería de 6 meses.  

Rafael Louzán presidente da Deputación
Cualifica o proxecto de "ambicioso e necesario"
Javier Bas alcalde de Redondela
Unha actuación que serve para atender as demandas de instalacións no Concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará