Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela prepara a nova temporada co mesmo bloque e catro incorporacións

RR_Noticias

Logo de proclamarse campións da Primeira Nacional e dicir adeus á fase de ascenso, no club de balonmán traballan xa na próxima temporada. O obxectivo é manter o bloque, que seguirá baixo a batuta do adestrador Fran Teixeira, e incorporar algún xogador do equipo de Territorial. Está previsto que se reforcen con catro fichaxes: un porteiro, un extremo e dous primeiras liñas.

Superado o mal trago de non pasar a fase de ascenso, o Paraxe Construcións Chapela xa está de vacacións. Os xogadores gozan dun merecido descanso logo de proclamarse campións da Primeira Nacional, pero a directiva está xa inmersa no traballo para a próxima temporada. O obxectivo do club é manter o bloque do ano pasado e sumar algún reforzo. O presidente, Manuel González Soto, agarda que as primeiras incorporacións poidan ser as de Gestido e Sergio Cid, que ficharon a pasada temporada pero non puideron xogar por lesións. Soto anunciou tamén que un xogador do Territorial, Adrián, se vai incorporar “definitivamente” ó primeiro equipo logo de estar rotando entre os dous conxuntos. A directiva ultima tamén a fichaxe dun xogador redondelán, Miguel Roberto Sío López (ex xogador do Cisne) e buscan no mercado un porteiro, logo da saída de Lloria, un extremo e dous primeiras liñas para reforzar o conxunto. Reforma do pavillón de Chapela No Paraxe Chapela agardan comezar a preparar a temporada a mediados de agosto, aínda que a data dependerá das obras de mellora que se van facer no pavillón este verán. Os traballos consisten na instalación dunha nova pista flotante, a reforma das gradas e os vestiarios. González Soto agarda que se poidan rematar con tempo para comezar os adestramentos con normalidade. En todo caso, as reformas xa obrigaron a suspender o Campus de Verán que nos últimos anos viñan organizando desde o club de balonmán.  

Manuel González Soto presidente
A directiva traballa nas fichaxes para a próxima temporada.
Apoio da afeción
Soto salienta a axuda dos seareiros a pasada campaña.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará