Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco queda ás portas do ascenso

RR_Noticias

A eliminación de Yerai á media hora de comezar o partido foi determinante na eliminatoria ante o Céltiga. Con todo, os redondeláns puxéronse por diante cun home menos e logo aguantaron o empate ata os últimos minutos. O gol dos locais no minuto 86 rachou as ilusións do Choco. Pero aínda hai opcións de acadar a Terceira División. Para iso terán que superar na eliminatoria ó Boiro, terceiro do Grupo Norte, e agardar o que aconteza cos ascensos a Segunda B.

Preferente Autonómica Sur Céltiga 2-1 Choco O Choco quedou unha vez máis ás portas do ascenso a Terceira División logo de perder no Salvador Otero da Illa por 2-1. Ós de Jacobo Montes valíalles o empate, e defendérono ata o minuto 86 cun xogador menos, pero finalmente o gol de Ferreiro a flata de 4 minutos para o final sentenciou o encontro a favor dos locais. O Choco fixo un gran partido, cun gran esforzo defensivo, pero a partitura cambiou no minuto 33, cando os redondeláns quedaron en inferioridade numérica, xa que Yerai viu dúas amarelas por dúas entradas, cando menos “rigorosas”. Isto obrigou ó Choco a reformular o seu xogo, e a primeira metade non tivo grandes ocasións. A sorpresa chegou no último minuto antes do descanso, unha falta lanzada por Cortegoso por fóra da barreira sorprendeu ao porteiro local, e adiantaba ó Choco. Na continuación, houbo ocasións nas dúas áreas, pero o Choco acusaba cada vez máis o desgaste de xogar cun home menos. Con todo, os de Montes tiveron ocasións para sentenciar , Caloi en dúas ocasións e Aitor Gomez , a piques estiveron de ampliar a vantaxe , pero o acerto de David evitouno. No 76 chegaría a igualada logo de que Nacho lanzase unha falta, Cortegoso parou pero o rexeite cae a Eugenio, e de novo o meta volve despexar, pero esta vez Nacho non perdoa, anotando o empate a falta dun cuarto de hora. O Choco resistía como podía, pero a falta de 4 minutos chegou o segundo gol local cunha xogada por banda, Jacinto puxo un balón no centro da área pequena e Ferreiro enganchouno cun remate de cabeza. O gol dáballe o triunfo e o ascenso ó Céltiga, e supuña a desolación para o Choco. O adestrador lamentaba o feito de ter o ascenso na man e quedar ás portas “por catro minutos”, e salientaba o gran esforzo dos xogadores, logo dunha “espléndida temporada” de todo o equipo. Para Montes, que non quixo valorar a actuación arbitral, a expulsiónd e Yerai “foi determinante” no partido. As posibilidades de ascenso do Choco a Terceira División aínda non se poden descartar por completo, e o técnico insiste en que logo do “duro golpe” que supuxo a derrota no Salvador Otero, agora o equipo “ten que levantarse”. No caso de ascender tres equipos galegos a segunda B, tería pasaporte de ascenso o gañador da eliminatoria a dobre partido que os redondeláns terán que disputar ante o Boiro, terceiro clasificado do grupo Sur. Por iso agora o obxectivo é recuperarse e competir ao máximo nivel o domingo diante do conxunto coruñés. Segunda Autonómica Moraña 0-2 Arcade A vitoria do Arcade diante do Moraña non serve para que o equipo de Soutmaior saia dos postos de descenso, A próxima xornada despide a liga no Salgueirón diante do Figueirido. Remo-Campionato Galego Traiñeiriñas O C.R. Chapela fíxose coa terceira posición na categoría Absoluta Masculina na regata disputada en Tirán, onde os anfitrións se fixeron coa primeira praza, seguidos da embarcación de Moaña.  

Jacobo Montes adestrador
O técnico lamenta a derrota a falta de catro minutos.
A expulsión de Yerai foi clave.
Montes apunta a dobre amarela ó xogador como un factor determinante do partido.
Eliminatoria co Boiro
No Choco non se renden e esgotarán as opcións diante do terceiro da Preferente Norte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará