Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación licita o proxecto do novo instituto de Soutomaior por 40.544 euros

RR_Noticias

O edificio, que albergará 12 unidades de ESO, un bacherelato de Ciencias e tecnoloxía e outros de Humanidades e Ciencias Sociais, construirase nunha parcela de 22.000 metros cadrados  cedida polo Concello á Consellería de Educación.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria contratará ao longo desta semana por 40.544 euros, a redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun novo IES no concello de Soutomaior
O novo centro contará 12 unidades de ESO, un bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e outro de Humanidades e Ciencias Sociais. Este proceso de redacción é o seguinte paso a dar unha vez que a Consellería recibiu a oferta de terreos por parte do Concello de Soutomaior, unha parcela de 22.000 metros cadrados nos que está previsto construír este edificio educativo.
A empresa a quen se lle adxudique a redacción do proxecto terá un prazo de execución de dous meses desde a formalización do contrato ata a súa redacción.
A Consellería de Educación enmarca esta licitación dentro dun intento por dar resposta as necesidades de Soutomaior “a pesares da grave crise económica polo que estamos a atravesar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará