Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os clubs de remo de Chapela e Cesantes estarán no Campionato Galego que se disputa en Tirán

RR_Noticias

O equipo de Chapela competirá nas categorías Xuvenil e Absoluta masculina, e o de Cesantes farao na Xuvenil. Na categoría feminina estarán no Autonómico Samertolaméu, Vilaxoán, Tirán e Bueu. Nos xuvenís masculinos acompañarán ós equipos redondeláns Amegrove e Tirán. Na máxima categoría serán Tirán, Moaña e Vilaxoán os que compitan co barco de Chapela.

Samertolaméu, Amegrove e Tirán subiron ó máis alto do podio en Meira na XXVII Bandeira Concello de Moaña de traiñeiriñas, con rango de Campionato Territorial Sur, que viviu onte as súas súas finais. O C.R. Chapela tivo que conformarse coa segunda praza nos Xuvenís e a terceira nos maiores, quedando clasificados nestas dúas categorías para o Autonómico. Non puideron clasificarse na modalidade Absoluta Feminina ao quedar na quinta praza. Os de Cesantes estarán en Tirán na categoría Xuvenil, logo de quedar na cuarta posición nas clasificatorias. Nas finais de onte desta cita, organizada pola S.D. Samertolaméu, non houbo demasiadas sorpresas salvo que o duelo que se esperaba nos maiores, entre Tirán e Chapela que o sábado foran segundo e primeiro con só 56 centésimas de diferenza, non se repetiu e os de O Con levaron a vitoria, mentres Samertolaméu era vencedor nas mozas e Amegrove nos xuvenís. Tamén estaban en xogo, como Territorial Sur, as catro primeiras prazas dos cinco finalistas para competir a próxima fin de semana no Campionato de Galicia, que se vai a celebrar en Tirán e que é valedoiro para o Campionato de España.
Resultados: Absoluta (f): 1. Samertolaméu, 15.00:94; 2. Vilaxoán, 15.44:25; 3. Tirán, 15.45:68; 4. Bueu, 15.47:28; 5. Chapela, 16.10:50. Xuvenil (m): 1. Amegrove, 14.16:38; 2. Chapela, 14.25:28; 3. Tirán, 14.40:34; 4. Cesantes, 15.12:59; 5. Morrazo, 15.25:22. Absoluto (m): 1. Tirán, 13.31:75; 2. Moaña, 13.36:94; 3. Chapela, 13.39:91; 4. Vilaxoán, 13.51:97; 5. Amegrove, 14.02:00.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará