Hoxe é Xoves 14 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A arte tamén é formación no IES Chapela

RR_Noticias

Os alumnos do IES Chapela comparten esta semana actividades lúdicas e culturais con alumnos de Madrid, Andalucía e a Rioxa. Teatro, música, danza, literatura e artes plásticas son algunhas das disciplinas que están a practicar e que lles servirán como ferramenta de traballo na súa carreira profesional. Son en total máis dun cento de alumnos de FP da rama de Servizos Socioculturais e á Comunidade, que tamén participarán nunha cea nun furancho e visitarán a Illa de San Simón.

A actividade desenvólvese a través do programa Arce cun intercambio con distintos intitutos españois. Os anfitrións son os mestres e alumnos do IES Chapela, que comparten a experiencia co IES Antonio Machado de La Línea de la Concepción (Cádiz), o IES Francisco Giner de los Ríos de Alcobendas (Madrid) e o IES Batalla de Clavijo de Logroño (La Rioja). Levan desde o martes desenvolvendo diferentes actividades baixo o proxecto “Collages de Vida”. Olga Rei é a coordinadora do proxecto en Chapela, e salienta “a boa acollida” que está a ter esta iniciativa pioneira. Ademais de ofrecer ampla formación ós alumnos en moitas disciplinas de expresión artística, o proxecto permite ós alumnos e mestres intercambiar experiencias. Hoxe participan en obradoiros de danza creativa, teatro, arte plástica, arte visual e literatura. Pola tarde farán un percorrido por Redondela para coñecer o traballo de diferentes artistas locais, e xa pola noite gozarán da experiencia de cear nun furancho. Mañá venres rematarán as actividades cunha visita á Illa de San Simón.  

Olga Rei coordinadora
A mestra do IES Chapela fala do éxito deste proxecto.
Collages de vida
A través do programa os alumnos traballan distintas expresións artísticas.
Coñeccer Redondela
O programa inclúe un percorrido por Redondela e a visita a San Simón.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará