Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello desestima as denuncias sobre supostas irregularidades nas probas de turismo

RR_Noticias

O informe realizado polos técnicos municipais conclúe que “malia a testemuña aportada pola denunciante a súa denuncia non queda corroborada polo resto das persoas que participaron no procedemento”. Desestímase así, polo tanto, á denuncia feita por Natalia Soliño quen solicitaba que o proceso se repetise por ter sido vulnerados os seus dereitos lingüísticos logo de ser supostamente coaccionada por un membro do tribunal a non realizar o exame en galego.

Unha investigación que se centrou en falar co resto das aspirantes ás dúas prazas de bolseiros na caseta de turismo ofertadas polo Concello así como cos membros do tribunal examinador para esclarecer os feitos denunciados por Natalia Soliño. Lémbramos que esta veciña de Redondela denunciou que fora coaccionada por unha das persoas que formaban parte do tribunal quen lle tería dito, antes de iniciar a proba escrita, que se facía o exame en galego non llo ían puntuar.
Logo de presentar unha denuncia no rexistro do Concello, o goberno local decidiu deixar en mans de técnicos municipais esta investigación que concluía o pasado venres cun acareo entre a denunciante e dúas das persoas que formaban parte do tribunal. Unha vez rematada a investigación resólvese que “non existen evidencias dabondo en relación ás irregularidades denunciadas que xustifiquen a adopción de ningunha medida excepcional ou complementaria con respecto ao citado procedemento”. Arguméntase esta resolución alegando que “a denuncia non quedou corroborada polo resto das persoas que participaron no procedemento” e que “do encontro entre a denunciante e dúas membros da comisión avaliadora tampouco resultan cuestión que determinen un reprantexamento de todo o procedemento, do xeito solicitado pola denunciante, toda vez que ámbalas partes mantiveron as súas posturas firmemente”.
Respecto ás críticas suscitadas por unha das preguntas do exame, na que se lle esixía aos aspirantes que elaboraran “una visita al Castillo de Soutomaior” a investigación conclúe que dita proba “axustouse ás bases que rexían a selección” e nas que se establecía que esta proba podería facer referencia entre outras cuestións a  “… calquera manifestación ou servicio que polas súas características ofreza atractivos turísticos na localidade e contorna da oficiña e de Galicia en xeral”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará