Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación inviste 65.000€ en melloras nos centros educativos de Santo Paio e Laredo

RR_Noticias

Nos vindeiros días comezarán os traballos de mellora destinados á dotar os centros de novos equipos de contadores, cadros xerais de baixa tensión e mellora xeral do sistema de iluminación para adaptalos á regulamentación vixentes. No colexio de Reboreda investiranse 36.344 euros e no de Laredo en Chapela 28.088 euros.

Unha actuación comprometida polo Conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez, co alcalde de Redondela Javer Bas e a Concelleira de educación, Mª Teresa París, nunha reunión celebrada no pasado mes de marzo.
O rexedor local confirmaba onte a realización as obras e o seu inicio nos vindeiros días cun investimento que ascende a 36.344,59€ no CEIP de Santo Paio de Abaixo e 28.088,19€ no CEIP de Laredo..
As obras consistirán na reposición de novos equipos de contadores, cadros xerais de baixa tensión, diversas tomas de corrente e luminarias de emerxencia e a substitución das liñas eléctricas existentes por outras libres de alóxenas e así, adaptalas á regulamentación vixente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará